top of page

para todos!

Se se é vegano, celíaco ou se, simplemente, se está a dieta. Todos teñen acceso a este manxar, só hai que botar man da imaxinación e das ganas.

 

A primeira vista, parece que a filloa é un producto do que hai que escapar a toda costa. Sempre asociada a postres achocolatados, con cremas ou con recheos amigos das graxas trans. Sen embargo, se lle botamos un pouquiño de imaxinación podemos crear unha filloa que se adapte a calquera que sexa a vosa esixencia.

 

Cando os nosos antepasados celtas - os que se supón nos deixaron este legado - tiveron a brillante idea de mesturar os ingredientes que máis tiñan á man - fariña, ovos e leite -, non se lles ocorreu que a fariña non tiña por que ser só de trigo. O millo ou a avea son perfectos sustitutos dese pó branco. O leite non só é de vaca. De cabra, de ovella, de améndoas, de arroz... Infinitas opcións para infinitas suxerencias.

 

Nunca lle digas "non" a unha filloa e aventúrate a probar cousas novas no máis tradicional e envexado que temos: a nosa gastronomía.

 

 

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page