Inés Basanta

Esta veciña de Muimenta conta cunha dilatada experiencia na elaboración das filloas, sobre todo, as de plancha. Durante máis de 20 anos foi unha das encargadas de coordinar as labores na Festa da Filloa de Muimenta.
Coas súas tres planchas abastece ao colexio de Cospeito con cerca de 45 docenas de filloas no Entroido. Para iso, afirma: "Teño que botar toda a noite facéndoas, así que vén o meu fillo a miúdo para traerme café ou ver se quedei durmida". A pesar do intenso traballo, "cando estou acabando é cando máis me gusta facelas. Non sei por que", comenta entre risas. Mais tamén as elabora esporadicamente para o seu mellor público: a súa familia e amigos.
ingredientes
- 4 litros de auga de caldo
- 3 ovos
- Uns cantos puñados de fariña - ata que se acade a espesura axeitada -
- Sal gordo
- Touciño e aceite de oliva para untar
e para acompañar as filloas?
Algúns consellos
A plancha ten que estar moi quente para comezar, por iso a primeira filloas que facemos nunca sae ben.
O amoado xa se pode elaborar unhas horas antes de comezar coas filloas, pero sen os ovos. Son un alimento moi delicado que see pode estropear co paso do tempo.
Se che sobran moitas filloas, podes conxelalas e gardalas para outra vez.





