top of page

A baña

A festa da filloa de A Baña (A Coruña) comezouse a celebrar no ano 2004 como nos contan Luis e Lola.  Con esta festa gastronómica preténdese recuperar a tradición de facer as filloas na pedra, xa que hoxe en día o máis doado e rápido é utilizar a tixola.

 

Nesta festa utilizan o amoado de filloa salgada, sen leite. O único requisito que teñen que ter os produtos da masa da filloa é que teñen que ser caseiros, tanto os ovos como a fariña.

 

Esta festa celébrase no mes de marzo e cada edición reune a maís xente . Pero na Baña non só as comen o día da festa, como eles din "calqueira excusa é boa para comer unha filloa". E o certo é que aproveitan eventos como o de "Mercadiño de nadal" para sacar as súas pedras e compartir con veciños e visitantes este produto tan típico da gastronomía galega.

 

 

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page