top of page

filloa e cocido = éxito

O cocido, un deses pratos que acompañan os domingos de inverno galegos e símbolo indiscutible do noso Entroido, non ten mellor acompañante que unha filloa.  Non en todas partes de Galicia se comen as filloas salgadas como xa explicamos (enlace), pero o máis típico das filloas salgadas na nosa terra é acompañalas cun bo cocido. Pódese facer o propio día do cocido ou aos días seguintes, para aproveitar o que sobrou. Porque cando en Galicia se fai un bo cocido, ten que sobrar. 

A masa da filloa é algo diferente, pero o proceso de elaboración é igual ao das filloas doces

ingredientes para as filloas para 4 persoas

- 75 cl de caldo do cocido

- Varios puñados de fariña (ao gusto)

- 3 ovos

- Touciño, manteiga ou aceite para untar a tixola

Á hora de elaboralas, consiste no mesmo proceso que con calquera outras filloas. Mesturar ben tódolos ingredientes ata lograr un amoado homoxéneo.

ingredientes para o recheo

- Carne (de cacheira ou de faldra de porco, preferiblemente)

- 2 chourizos

- Grelos

- Garavanzos

O primeiro paso é poñer a escaldar os grelos, na mesma auga na que se coce a carne. Engádeselle algo de cebola e cenoria para suavizar o sabor da carne e da verdura.

 

Por outra banda, os chourizos poñen a cocerse.

Cando xa estean case cocidos, engádense os garavanzos (de bote), para que acaben de cocer.

 

Escórrese todo ben e incorpóranse ás filloas, para ir facendo roliños.

A disfrutar!

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page