top of page

lUISA E AMBROSIO

un pouco de historia...

Antigamente, nos terreos nos que a pedra e a leña abundan, como é o caso da zona de Pontevedra, un dos métodos máis utilizados para cociñar era o da pedra. Este é un dos motivos polo cal moitas zonas da nosa comunidade manteñen a tradición de facer as filloas na pedra.

 

As pedras sobre as que se fan as filloas na casa de Ambrosio e Luisa leva traballando máis de cen anos e van pasando de xeración en xeración. O avó de Ambrosio deulla ao seu pai e agora caeu nas súas mans. A pedra, chamada tamén parrumeira, adoita ter forma rectangular. A materia prima ideal para elaborar unha parrumeira para filloas ten que ser granulada, que se dilate pouco e fácil de traballar na canteira, non moi dura e sensible aos cambios de temperatura. 

como facelas?

Facer filloas á pedra é unha arte tradicional autóctona de Galicia. Para facer unhas boas filloas necesitamos auga, leite -tamén podemos usar caldo-, ovos e fariña. Luisa adoita preparar o amoado mentres Ambrosio quenta a pedra.

 

Tras quentala pedra durante máis dunha hora, imprégnase con graxa de touciño ensartado nun garfo. A pesar de que moitas persoas utilizan queimadores de gas butano, Ambrosio prefire seguir empregando a lareira tradicional xa que "lle da mellor sabor", tal e como afirma. Unha vez vertida a masa, hai que esperar entre cinco e oito minutos, o dobre que empregando unha tixola.

 

Volvemos repetir a operación as veces que desexemos. Ambrosio apaga o lume antes de facer a derradeira filloa, xa que a pedra mantense quente.

 

E finalmente, servir e listo! A familia goza dun delicioso  prato acompañado con mel ou canela. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o proceso de elaboración.

Non esquezades de que, ademais de na pedra, tamén se poden faer en filloeira.

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page