as filloas e a virxe do libramento
Na parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cotobade, levan 37 anos celebrando a súa propia homenaxe á filloa, en tódalas súas vertentes. Cada ano fana coincidir coa festa na honra á Virxe do Libramento, polo que se transforma nunha cita moito máis que gastronómica.
A primeira fin de semana de setembro é unha data realmente importante para os veciños deste lugar, que participan activamente nestas celebracións, cada un poñendo o seu graíño de area para satisfacer aos demais veciños e aos visitantes.
No adro da igrexa reúnense centos de persoas para desfrutar do ritmo que marcan as orquestras, sempre acompañado das deliciosas filloas que elaboran os participantes do concurso.

o concurso
Ao longo de toda a historia da festa hai un fito que causa especial espectación. É o concurso de filloas, que nesta última edición reuniu a 24 participantes, cada un co seu toque especial no modo de preparación. Un segredo que gardan baixo chave.
As filloas elaboradas polos concursantes poden ser degustadas polos que se acheguen á festa