top of page
Sada
A festa da filloa de Sada (A Coruña) celébrase dende 1985 e sempre coincidindo cos carnavales, xa que é a filloa o postre por excelencia destas datas.
Nesta festa, pódese degustar todo tipo de filloas -diferentes segundo a filloeira que as realice- pagando un euro por cada unha. O pasado ano (2015) vendéronse 6000 filloas que as elaboraron filloeiras de Sada conxuntamente coas de Muimenta, onde tamén se realiza unha festa da filloa considerada de interés turístico. Os asistentes puideron ver como se elaboraban as filloas seguidno a receita doce tradicional a base de farina, ovos e leite, aromatizada con distintos ingredentes dependendo da filloeira de que se trate. Este prodcuto acompáñase co típico chupito de anís.
bottom of page