top of page

Filloas recheas de salmón e queixo

Recheo de salmón e queixo

Como entrante ou como primeiro prato. Este selecto manxar fará as delicias dos teus convidados.

ingredientes

Para 2 persoas

- 6 filloas

- 100 g de salmón afumado

- Queixo de San Simón da Costa

- 500 ml de nata líquida para cociñar

- Sal

- Ourego

- Perexil para adornar

algún consello

Non debes abusar do sal, pois o salmón e o queixo de San Simón xa aportarán suficiente sabor salgado ao noso prato.

 

Estas filloas están feitas na tixola. Para que saian máis esponxosas e non tan secas podes botarlle un chisco de leite, preferiblemente, enteiro.

Filloas recheas de pavo e verduras

Recheo de pavo e verduras

Exquisito e saudable. Así é o prato que che ofrecemos a continuación.

ingredientes 

Para 4 comensais

- 8 filloas

- 3 filetes de peituga de pavo

- Unha cebola grande, ou dúas se son pequenas 

- 2 porros

- 3 cenorias

- 3 pementos verdes

- Aceite

- Pementa

- Sal 

modo de elaboración

1. Primeiro, pasa a peituga de pavo pola tixola, cun chisco de aceite e sal. Chégalle con pouco tempo, pois é unha carne bastante tenra.

2. Córtaa en taquiños e reserva.

3. Corta as verduras en pequenos cachos e saltéaas cunhas gotas de aceite.

4. Mestura cos tacos de peituga e engádelle máis sal e pementa.

5. Enche cada filloa, a gusto, enrola e disfruta do teu prato.

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page