Algo doce
As filloas doces utilízanse como postre, normalmente nas datas próximas ao Entroido. Nesta festa, é típico que as familias se reúnan para xantar. A orixe desta festa ten que ver coas festas que os romanos ao deus Saturno. O típico nestas datas son o cocido, as orellas (enlace) e as filloas, tanto doces como salgadas (enlace cocido).
Hai moitos xeitos de acompañar as filloas doces: canela, crema pasteleira, nata, azucre, licor, viño tinto, chocolate... O recheo depende das preferencias de cada un. O maravilloso da filloa, precisamente, é que é un produto moi versátil.
Pero non só admite variacións no recheo ou acompañante, tamén na masa pode admitir pequenos cambios. O que non pode falta na masa da filloa son o leite, ovos e fariña.
Se non podes comer algún destes ingredentes, pásate por Filloas para todos. Non tes por qué renunciar a un produto tan típico noso.
ADOZA OS TEUS DÍAS!

Filloas de nadal
Calquera excusa é boa para comer filloas, incluso en Nadal!! A continuación propomos dous xeitos de decorar as filloas adaptados a esta época do ano, perfetos para almorzar ou de merenda.
Para as filloas en forma de árbol de Nadal só necesitas:
- Filloas
- Chocolate derretido ou xarope
-Frutas do bosque ou xarope de fresa.
Se sodes varios e queres facer un árbol máis grande, o mellor é facer filloas de dous tamaños.
Para montar o árbol hay que ir dobrando as filloas cada vez máis para que vaia decrecendo a medida que chegamos ao extremo máis alto.

Nós para decorala utilizamos os ingredentes arriba mencionados. Pero ti podes botarlle o que queiras, como purpurina comestible o cristais de azucre. Tras montar o árbol, só queda o máis divertido, decoralo ao gusto e DISFRUTAR!!

Outra opción serían recrear un Papá Noel con fresas ou marmelada e nata ou iogur.

