BENVIDOS!
Galicia é terra de filloas. Xa o pobo Celta as facía nunha pedra chamada parrumeira.
Hoxe en día non só se emprega a pedra. En tixola ou en plancha, quentadas con gas ou ao lume dunha pequena fogata. Hai tantas maneiras de facer filloas como mans que as elaboran.
Viaxa con nós por cada recuncho da nosa xeografía máis gastronómica, mentres te convidamos a descubrir mil e unha maneiras de darlle un xiro ao amoado.
Equipo Galilloas
Álvaro Cunqueiro, o amante por antonomasia da gastronomía galega, falou en numerosas ocasións do manxar máis antigo da nosa cociña, que remonta as súas orixes ao noso pasado celta.
"O quid da filloa consiste na súa finura, nesa delgadeza coma a do encaixe de Camariñas".
Unha mestura de fariña, ovos e auga - ás veces con leite e outras non - que se cociña en todo o mundo. Pero é en Galicia onde se converte en protagonista.
