top of page

A FILLOEIRA

Aínda que poidamos pensar que un filloeiro é unha persoa moi amiga de comer filloas, Ambrosio e Luisa amósannos o que é realmente.

 

O filloeiro sobre o que fai as filloas esta parella é un utensilio que consiste nunha prancha de ferro con tres pratos en forma redonda sobre un trípode. Esta ferramenta pode quentarse con gas ou, como nos amosan no vídeo, facendo unha pequena fogata con madeira e piñas. Ambrosio é coleccionista de utensilios antigos e a este filloeiro tenlle un agarimo especial, por ser unha herdanza da avoa de Luisa. Para eles é todo un símbolo familiar. 

  • YouTube - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Wix Facebook page
  • Black Instagram Icon
bottom of page