Filloas para celíacos
Aínda que sexas celíaco, non tes por que renunciar a comer filloas, simplemente terás que elixir unha opción libre de gluten. Se ademais eres intolerante ao ovo ou á lactosa, pásate polo apartado de Filloas para veganos e comprobarás que tamén hai unha filloa adaptada a ti. En Galilloas propomos a seguinte receita para as persoas celíacas ou intolerantes ao gluten.
ingredientes para filloas de postre
-400 ml de leite enteiro
-100 ml de auga
-200g de fariña Beiker ou trigo sarraceno
-3 ovos
-Un chisco de sal
- 1 cucharada sopeira de azucre (opcional)
-Touciño, manteiga ou aceite para untar a tixola.

elaboración
En primeiro lugar, mesturamos o leite, a auga, o sal, os ovos e o azucre. Para isto, podémonos axudar dunha batidora.
Cando estea o amoado ben homoxéneo, engadimos a fariña aos poucos e sen deixar de remexer. Unha vez integrados todos os ingredientes, deixamos a masa repousar unha horiña para que colla textura.
Hai quen deixa a masa feita dun día para outro, nós non o recomendamos xa que con tanto tempo de repouso a masa acidifícase.
Pasado este tempo, volvemos a darlle coa batidora e xa teríamos a masa de filloas lista. Agora só temos que pasar a facelas.
1. Colocamos unha tixola ao lume (mellor se é algo antiga, xa que lle dará un sabor máis exquisito).
2. Antes de botar a masa, untamos con manteiga, touciño ou aceite para que a filloa non se pegue. En caso de utilizar aceite ou manteiga, para non botar de máis, podemos utilizar un pincel ou unha pataca pelada pinchada cun garfo.
3. As filloas teñen que saír moi finas, polo que hai que botar pouco amoado e estendelo ben pola tixola. Para isto, podes axudarte dunha espátula.